O vindeiro 13 de xullo, ás 16.00h, terá lugar a cuarta edición de «#Actívate», un networking online ideado para visibilizar o traballo dos asociados e crear sinerxías.
A iniciativa impulsada polo Clúster, pola que xa pasaron preto de 25 empresas e entidades, ten un propósito dinamizador, fomentando a creación sinerxías e visibilizando o excelente traballo que se está a realizar desde a industria galega do deporte.
Nesta ocasión, a invitada experta será Ana Botas, xerente de Viratec, que falará da importancia da economía circular. Amais participarán estas empresas do sector:
- Paris Dakart
- Limonta
- Artio
- Resasports
- Toxogel
- Kairos
- Enki
Clúster busca dotar dunha ferramenta para dar a coñecer a actividade dos poñentes e crear un espazo de enriquecemento. Tal e como indica o Plan Estratéxico, coñecemento e información son dous eixos transversais fundamentais para construír unha industria que siga sendo unha referencia.
Inscricións aquí