O vindeiro 23 de febreiro terá lugar de xeito telemático o Fitness Cluster Exchange, o primeiro evento organizado de xeito conxunto entre o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, o Clúster do Deporte de Catalunya (INDESCAT) e o Andorra Esports Clúster. Esta xornada, na que poderán participar exclusivamente entidades asociadas a algún dos tres Clústeres, servirá para que as empresas poidan compartir as súas experiencias e establecer relacións que poidan desencadear futuras sinerxías.
O Fitness Cluster Exchange, evento no que xa teñen confirmada a súa presenza ao redor de 40 empresas vencelladas ao subsector do fitness, comezará cunha parte expositiva na que diferentes empresas dos tres Clúster falarán de proxectos exitosos que teñen desenvolvidos nos últimos anos. A innovación é un elemento vertebrador do fitness do territorio español e este evento servirá para que se dean a coñecer plans de negocio que vaian da man dos novos tempos.
Tras esta parte da xornada abrirase a posibilidade de levar a cabo breves reunións individuais (matchmaking) con empresas e entidades do sector, a través dunha plataforma virtual. Os tres Clústeres coincidron na necesidade de contar con esta iniciativa, a cal consideran unha excelente ocasión para que as empresas poidan coñecerse con máis profundidade, establecer vínculos e, quizáis, sentar as bases de futuras colaboracións e proxectos conxuntos.
Este encontro de empresas punteiras no fitness galego, catalán e andorra servirá como punto de partido para os diferentes eventos que organizará o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar para os seus asociados.