Medio centenar de empresas dos tres Clústeres organizadores participaron nunha intensa xornada onde puideron expoñerse casos innovadores de éxito e levar a cabo reunións privadas
Este mércores 23 de febreiro celebrouse o Fitness Cluster Exchange, un encontro virtual entre empresas e entidades vencelladas ao segmento do fitness, entre aqueles membros que forman parte dos clústeres do deporte de Cataluña (INDESCAT), Galicia (Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar) e Andorra (Andorra Esports Clúster).
Este evento conxunto é o primeiro que reúne a empresas asociadas das tres entidades, que contan con empresas de grande prestixio dentro do fitness, e serviu para dar o pistoletazo de saída a futuros encontros que serán de moito valor na construción da industria do deporte do futuro.
Durante o Fitness Cluster Exchange participaron activamente empresas que son exemplo de innovación e adaptación aos novos tempos. De feito, o evento iniciouse con cinco presentacións de casos de éxito que amosan que o sector do deporte en España e Andorra segue na vangarda, con ideas competitivas que lle permitirán seguir nunha posición de liderado a nivel europeo. Concretamente, os casos expostos foron, por parte de Galicia, BeOne e InnPlay. Amais, os propios Clústeres de Andorra e Cataluña, pola súa parte, expuseron os seus proxectos exitosos e boas prácticas saídas directamente desde a propia entidade.
CASOS DE ÉXITO
BeOne, a través da intervención de Xosé Fernández, delegado de operacións da empresa galega, explicou a nova concepción de centro deportivo coa que están xa empezando a traballar, con importantes novidades en canto a diseño, configuración e experiencia ofrecida, todo pensando co fin de satisfacer as necesidades do novo perfil de usuario e a su nova forma de consumir os servizos do fitness.
En canto ao Andorra Esports Clúster, a súa Cluster Manager, Gemma Riu, explicou como consiguiron ser o único país de Europa en non pechar os ximnasios despois do primeiro confinamento. INDESCAT presentou dous proxectos impulsados desde a propia entidade que serviron para mellorar a competitividade das súas empresas asociadas. Cristina Naches, project manager, falou, por unha banda, do SharedGamiFITcation, que pretende incrementar a adherencia e fidelización das persoas usuarios de centros de fitness, así como a captación de novos abonados a partir da aplicación de experiencias de valor compartido e gamificación.
Por outra banda, INDESCAT, tamén expuso o seu proxecto EFISport, orientado a promover a eficiencia enerxética en instalacións deportivas. Durante a exposición, destacouse que no marco desta iniciativa xa elaborouse un manual de boas prácticas para xestores de instalacións e usuarios.
Por último, a empresa galega InnPlay explicou solucións tecnolóxicas para a xestión do fitness. En concreto, David Rivera, CEO da compañía, desgranou como a aposta polo uso de tecnoloxía en diferentes aspectos da xestión dun centro fitness pode conlevar importantes melloras en productividade e rentabilidade á vez que se mellora a experiencia das persoas usuarias das instalacións.
“ÉXITO” NUN EVENTO FINALIZADO CON MÁIS DE 100 REUNIÓNS PRIVADAS
O Fitness Cluster Exchange, que foi calificado como un éxito polos tres Clústeres, deixou un doce sabor de boca á organización e foi de proveito para as empresas do fitness. Sofía Toro, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar deu moito valor “ás sinerxías que seguro sairán desta actividade” e congratulouse de abrir o Clúster a outros territorios xa que “aunque traballamos para facer medrar específicamente á industria do deporte galego entendemos que o xeito máis intelixente é abríndonos a outras rexións, coñecer o que se fai noutros territorios e iniciar contactos que poidan desencadear en futuras colaboracións. Este creemos que é o único camiño cara o éxito, hoxe en día pecharnos únicamente no noso territorio non ten sentido si queremos ser unha industria de referencia na economía do futuro”.
O evento pechouse coa posibilidade de levar a cabo reunións privadas entre as empresas participantes co obxectivo de establecer contactos e abrir camiño cara futuras colaboracións. Finalmente, o evento organizado por Cataluña, Galicia e Andorra serviu para que se pudieran realizar máis de 100 reunións individuais entre as 50 empresas que participaron na xornada.