O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organiza, xunto coa Deputación da Coruña e os Concellos de Ferrol e Santiago de Compostela, os Obradoiros 2M, unha formación que busca mellorar a participación de persoas en risco de exclusión social no deporte.
Esta formación está dirixida a persoal técnico deportivo (ou de áreas vinculadas) responsable de actividades deportivas xa implementadas, que busquen mellorar a súa oferta deportiva e ampliar o seu público obxectivo.
A formación é gratuíta e impártese de forma online, tendo unha duración de 8 horas repartidas en 4 bloques de 2 horas cada un, seguindo o programa que se amosa a continuación:
O prazo de inscrición remata o 3 de outubro, ou cando se complete o aforo máximo (25 prazas por concello).