Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar comeza o ano 2023 cunha nova iniciativa que ten por obxectivo dinamizar o sector e xerar un habitat natural propicio para a xeración de sinerxías entre as empresas e entidades do ecosistema da industria do deporte galego. Esta evento, que terá caracter mensual e telemático, chamarase #Actívate e inaugurarase o vindeiro mércores 15 de febreiro (ás 16.00h).

A través destos encontros online, o Clúster pretende crear un espazo no que as empresas do sector poidan presentar os seus proxectos ante o ecosistema do deporte, á vez que se crea unha fiestra a través da que se poderá acceder a coñecemento de persoalidades e entidades externas ao Clúster. Sofía Toro, xerente da entidade, subliñou que «a través desta nova iniciativa queremos poñer ao sector no centro do debate e proporcionar unha contorna que poida dar lugar a contactos de interese que sexan susceptibles de rematar en proxectos beneficiosos para o sector».

Unha das liñas estratéxicas do plan de acción do Clúster é visibilizar o traballo que realizan as entidades do sector. Este obxetivo, a través de #Actívate, irá en paralelo á dinamización da actividade empresarial. Na primeira edición, que celebrarse o vindeiro mércores, estarán presentes empresas do Clúster como Global DXT ou Padelprix, entre outras, e amais estará como entidade invitada o Clúster da Saúde, que conta con máis dunha década de experiencia ás súas costas.

En cada evento participarán preto dunha decena de entidades do ecosistema do deporte galego, que poderán presentar brevemente a súa actividade e os seus proxectos, dándose a coñecer ante os asistentes ao encontro. Amais, tamén será unha oportunidade para escoitar a voces expertas que teñan moito que aportar ao sector. O Clúster busca dotar dunha ferramenta para dar a coñecer a actividade dos poñentes e crear un espazo de enriquecemento. Tal e como indica o Plan Estratéxico, coñecemento e información son dos eixos transversais fundamentais para construír unha industria que siga sendo unha referencia.

LIGAZÓN DE INSCRICIÓN PARA O EVENTO DO 15 DE FEBREIRO

Leave a Reply