O presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, José Amado, asistiu os días 18 e 19 de abril ao I Encontro Nacional da Industria do Deporte, un evento organizado en Zaragoza pola Federación de Asociaciones de Gestores Deportivos (FAGDE).
Este evento, que contou co apoio do Consejo Superior de Deportes (CSD) reuniu as principais entidades representantes da industria do deporte, co obxectivo de analizar a situación actual do sector e trazar a folla de ruta para os próximos anos.
Jose Amado interviu o xoves 18 de abril, compartindo escenario con Rosario Pérez Alonso, presidenta do Clúster do Deporte e Ocio de Extremadura, e con Gemma Riu, Clúster Manager en Andorra Sports Clúster. Primeiramente, o presidente da entidade galega explicou a filosofía de traballo do Clúster, a orixe e os obxectivos marcados para os próximos anos, facendo fincapé no Observatorio Galego do Deporte e o Plan 2 Millóns.
Tras a presentación debatiuse sobre o futuro da industria do deporte e o papel dos clústeres nunha mesa redonda que estivo moderada por Fabián Quesada, director xerente de ADESP.
Descarga aquí a presentación.