Skip to main content

A industria do deporte supón máis do 2,5% do PIB de Galicia e actualmente xera máis de 12.000 postos de traballo

O novo proxecto, que foi presentado a José Ramón Lete Lasa, secretario xeneral para o Deporte, nace coa filosofía de unir forzas e confeccionar proxectos conxuntos que fagan medrar o sector

 

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar xa é unha realidade. O proxecto que unirá ao deporte galego está en marcha e nace, segundo palabras de Miguel Valín, presidente da agrupación, para “liderar o futuro, convertendo á nosa industria nun dos motores da economía do futuro”.

Este pasado martes 16 de marzo os membros da directiva do recentemente creado Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar (Miguel Valín, Jim Graña, Jose Amado e Pedro Iglesias) visitaron ao secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa para presentarlle públicamente o proxecto, que xa conta co apoio de máis de medio centenar de empresas galegas.

O sector do deporte galego é unha das poucas actividades cuxa demanda leva medrando de xeito continuado desde fai máis de 20 anos. Con máis de 2.000 empresas que representan un volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns e que xeran uns 12.000 postos de traballo, o sector preséntase como unha das actividades económicas máis relevantes da rexión. Amais, trátase dunha industria cun alto impacto na calidade de vida da sociedade. “Estamos a falar dun sector que supón máis do 2,5% do PIB de Galicia y que aporta innumerables beneficios para o conxunto da sociedade da nosa comunidade”, subliñou Miguel Valín.

O sector, que viña medrando ano tras ano desde a anterior crise económica, está a ser un dos máis castigados pola COVID-19. As previsións indican que, a nivel estatal, o sector puido ver reducido o seu volume de actividades en ata un 38,5% durante o 2020, poñendo en risco entre 31.000 e 42.000 postos de traballo.

Leave a Reply