Esta semana o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar asistiu a unha reunión con Manuel Vázquez, concelleiro de deportes de Concello da Coruña, e Daniel Regos, director de Deportes. Sofía Toro, José Amado e Marcos Fernández trasladáronlles os proxectos que ten en marcha o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e exploraron vías de colaboración.
A entidade, en representación da industria do deporte, avanzou os plans de promoción de actividade física que impactarán directamente na sociedade galega e subliñaron a importancia de impulsar a actividade investigadora no eido da industria do deporte.
Ambas entidades entenderon que o traballo conxunto terá importantes beneficios no aumento do número de persoas que practiquen actividade física con regularidade e á incentivación da industria do deporte. Deste xeito o Clúster e o Concello da Coruña seguirán traballando conxuntamente na construción dunha sociedade saudable.