Ambos organismos traballarán para atopar solucións ante un grave problema que está a poñer en risco a supervivencia de empresas que traballan a prol da saúde e o benestar da poboación galega
O pasado martes 31 de xaneiro, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar trasladou ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a situación que está a vivir a industria galega do deporte durante os últimos meses e puxo sobre a mesa unha batería de iniciativas coas que traballar conxuntamente coa administración para buscar solucións a corto e medio-longo prazo.
Pola parte do Clúster, amais da presencia do presidente, José Amado, e a xerente, Sofía Toro, tamén acudiron á cita, como representantes do sector, Jesús Mallo, de Átomo Estudio; Alberto Pérez, de I-nerxia, e Fran Cortegoso, directivo da entidade e responsable de Máis que Auga.
Os representantes do Clúster amosaron aos directores de Enerxías Renovables e de Área de Aforro e Eficiencia Enerxética cal é o verdadeiro impacto dos custes enerxéticos na industria e achegaron as implicacións que está a ter na sociedade, sinalando que actualmente en Galicia hai 1.300.000 persoas que practican deporte regularmente e que están a sufrir as consecuencias desta situación.
Amais, o sector sinalou no encontro que moitas das instalacións deportivas galegas teñen máis de 20-25 anos e non están preparadas para dar cumprimento aos valores razoables en canto a eficiencia enerxética. José Amado, presidente do Clúster subliñou que «esta crise debe servir para propoñer medidas de longo prazo, que vaian máis aló do apoio económico a curto prazo, e que axuden a afrontar os problemas estruturais que están a impactar directamente na problemática situación que estamos a atravesar».
O incremento dos custes enerxéticos está a ser unha traba para que o sector culmine a súa recuperación despois do impacto da pandemia e por iso o Clúster está a buscar o apoio axeitado por parte da administración co obxectivo de levar a cabo medidas inmediatas que poñan freo a dramática situación e se elaboren plans a longo prazo para renovar a industria en pro da sostenibilidade e a eficiencia enerxética.
Desde o Inega entendeuse a situación e mostrou interese na elaboración dun plan de futuro que sirva para cumprir os obxectivos plantexados. Tras a reunión acordouse estudar as diferentes liñas de acción coas que poden solventar os problemas actuais e tamén as liñas de traballo na confección dun plan do sector cunha vista máis a medio-longo prazo.
Ambos organismos acordaron seguir traballando para atopar solucións ante un grave problema que está a poñer en risco a supervivencia de empresas que traballan a prol da saúde e o benestar da poboación galega.
LIÑAS DE AXUDAS
No eido da reunión co Inega, ao marxe de seguir buscando solucións específicas para o sector, deixamos aquí axudas que poden ser interesantes para mitigar os efectos do custes enerxéticos e comenzar a traballar cara a unha industria máis eficiente enerxeticamente.
- SUBVENCIÓN CORRESPONDENTE AO PROGRAMA DE INCENTIVOS: Agora mesmo está aberta para as empresas pero van ampliar o orzamento e, en marzo, van incluir unha liña para concellos, moi similar a que está aberta actualmente. En canto a instalacións públicas pódese solicitar xa a axuda como empresa e cando saia a dos concellos, como concello (se conceden as dúas haberá que rexeitar unha delas). https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2022/ficha_renovables2022_0003.html
-
SUBVENCIÓN CORRESPONDENTE AO PROGRAMA DE INCENTIVOS: Subvención para autoconsumo na que hai lista de espera, pero neste caso os concellos poden pedila e para eles non existe a lista de espera. En base a esta liña de subvencións aínda queda 1 millón de euros por repartir. https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2021/ficha_renovables2021_0008.html
- PROGRAMA MOVES III GALICIA: Nesta liña de subvencións quedan 9 millóns no programa 1, destinado a adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible, e 10 millóns no el programa 2, para implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2021/ficha_aforro2021_0006.html
- PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME: Son proxectos subvencionables as inversións en equipos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente. O investimento mínimo debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude contemple exclusivamente o bono de asesoramento o investimento mínimo establécese en 200 euros. https://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2023/ficha_aforro2023_0002.html