O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de transmitir públicamente que a industria do deporte está preparado e disposta a dar servizo á iniciativa do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, de poñer en marcha a receita deportiva. Así, a industria comparte as declaracións do Presidente, que anunicou que a Xunta financiará a práctica de deporte en centros deportivos, sempre e cuando un médico considere que pode resultar positiva para a mellora do estado de saúde de pacientes con determinadas patoloxías.
O goberno autonómico anunciou que será o Servizo Galego de Saúde (Sergas) o que asumirá o custe da actividade deportiva, xa seza de ximnasio ou piscina. Esta iniciativa contará inicialmente cun orzamento de 1,4 millóns de euros e nace co obxectivo de que os centros de saúde colaboren coas entidades da súa contorna para mellorar o control das patoloxías crónicas, fomentar bos hábitos de vida alimentarios e a práctica de actividade física, e reducir o risco de contraer diferentes enfermidades.
Esta proposta da administración autonómica, enmarcada na Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 23-27, é compartida polo conxunto do sector, que xa ten sinalado nos últimos tempos os amplos beneficios sociais, sanitarios e económicos que suporá a implantación da prescrición de actividade física.