Skip to main content

PREGUNTA Cómo xurdiu a idea de crear Tabalú?

RESPOSTA A idea xorde en 2015, cando o máximo accionista de Tabalú fichou polo Villarreal Club de Fútbol e vive en primeira persoa a importancia que lle dan á nutrición e á metodoloxía do club. Con tan só 21 anos e despois de pasar por clubs de primeiro nivel (Manchester City, Barcelona e Sevilla), a súa percepción sobre a importancia da nutrición no seu rendemento como deportista de élite, cambia radicalmente. Desde ese momento pasa a ser un dos seus pilares fundamentais da súa carreira. Por qué non escalalo y aplicalo en todos os deportes de élite?

Observouse que hai un nicho de mercado por explotar, o sector deportivo cree na importancia dunha nutrición eficiente para acadar un rendemento deportivo óptimo, con todo, non existen ferramentas para que o deportista poida cubrir esta necesidade. Esta é a razón pola que nace Tabalú para converterse no mellor aliado do deportista para levar ao máximo o seu rendemento deportivo. Pero sempre sen perxuizo do sabor. En Tabalú cremos que no está rifado o feito de ter unha nutrición eficiente co goce gastronómico. Facemos especial fincapié en isto, ofrecendo menús gastronómicamente atractivos para os nosos deportistas que ben poderían atoparse nos restaurantes de alto nivel.

Cómo funciona exactamente o voso servizo?

Nós integrámonos no día a día do deportista. Tanto na súa vida profesional como persoal. Analizamos as súas necesidades e elaboramos menús personalizados e adaptados as súas preferencias (xa sexa por gustos, alerxias/intolerancias ou relixión) tendo en conta os aportes enerxéticos que requira tanto por calendario como pola súa condición física. Por exemplo, un deportista que está preparándose para unha competición importante requerirá un menú diferente a outro que se recupera dunha lesión.

O menú ofrecido sempre buscará a máxima expresión do deportista no seu ámbito profesional pero tamén personal, posto que gozarán dunha atractiva proposta gastronómica.

 

Contádenos tamén un pouco cómo coidades que os produtos cos que traballades sexan de primeira calidade.

Neste punto é importante ter en conta a capacidade operativa de Tabalú, contamos con cociñas en todas as cidades nas que desenvolvemos a nosa actividade, o cal facilita o feito de traballar con empresas locais amais de poder controlar que os produtos que empregamos sexan da máis alta calidade. Amais, algo que caracteriza á empresa é o seu compromiso co medio ambiente polo que os equipos de cociña realizan compras eficientes mercando o necesario para realizar os seus menús, pero sin realizar aprovisionamientos innecesarios.

 

Con quén estades a traballar actualmente? 

Actualmente traballamos, integrados na súa estrutura, cun club de fútbol de Primeira División. A nivel externo prestamos servizos privados a deportistas de élite, principalmente futbolistas, e traballamos con máis do 50% dos equipos de fútbol de Primeria División.

 

O cuidado da alimentación é un elemento moi importante para un deportista de alto rendemento, e nos últimos anos é algo que quedou patente pero, segue habendo clubs e/ou deportistas que non prestan suficiente atención a súa dieta?

Depende do deporte. Si falamos de fútbol, disciplina na que temos máis experiencia, observamos que mentres o deportista é novo, os clubes e a súa contorna, debido a que é unha época máis volátil, céntranse principalmente en que o seu estado de ánimo sexa bó, que se atopen felices, porque ao ter moita máis vitalidade presúmese que todo o que coman o van queimar. Cando esa vitalidade diminúe, o rendemento baixa e comenzan a reiterarse lesións é cando, desgraciadamente, se lle empeza a dar importancia á nutrición. Isto acontece cando o futbolista xa ten unha idade.

Na actualidade, estamos observando, e no é un feito fortuito senón un feito científico, como nos atopamos a futbolistas de altísimo rendemeento de máis de 30 anos froito dun cambio radical na súa alimentación. Pero isto á o que acontece co fútbol se falamos doutras disciplinas e deportes a cousa cambia. Os atletas, ciclistas, triatletas, etc., si que lle dan moita máis importancia á nutrición, porque no seu caso cada segundo conta e ten en conta todas as posibles variables nas que a nutrición é o pilar fundamental.

O coidado da alimentación nas categorías inferiores, cánta incidencia ten na formación de adultos que vaian a ter mellores hábitos alimenticios?

Non é tanto o coidado da alimentación como o crear hábitos saudables en toda a contorna educativa do futuro deportista de élite. Traballar nunha educación saudable pasa por educar aos axentes preventivos que participan na súa educación e crecemento. Os deportistas de élite non deixan de ser persoas que antes foron nenos e que viven nunha sociedade na que somos esclavos de azucre e os seus derivados.

Cales son os principais problemas que os atopades nas dietas dos clubes e/ou deportistas?

O problema máis recurrente antes de empezar a traballar é a falta de supervisión e control na elaboración e ingesta das e dos deportistas. Con todo, cando nós comezamos a traballar, ao integrarnos dentro da loxística do club eses problemas desaparecen. Nós encargámonos e liberamos ao club das responsabilidades nutricionais dos seus xogadores e xogadoras e ofrecemos de xeito periódico informes sobre a evolución das e dos deportistas para que coñean o seu rendemento e o equipo médico e preparadores poidan contar coas novas ferramentas que lles leven ao éxito deportivo.

Cómo podería ser o menú antes dunha competición? E para recuperar tras competición?

Obviamente será diferente pero non só a nivel equipo senón tamén para o deportista a nivel individual. Cada persona ten un metabolismo diferente polo que as necesidades son diferentes tamén. En Tabalú ofrecemos un servizo personalizado polo que dar un menú estandarizado sería un erro. Nós adaptámonos aos requerimentos de cada un dos nosos deportistas xa sean físicos ou preferenciais.

Por qué considerades que é importante a existencia do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar?

De nada vale unha extratexia de nutrición realizada polos mellores profesionais e coas mellores ferramentas si o deportista adulto non ten a conciencia do importante que é a alimentación equilibrada e os hábitos saudables. A clave está en traballar desde a base, en cada pequeno detalle, para que todas as partes vencelladas tomen conciencia. É necesario que existan este tipo de organismos que acerquen á sociedade esta realidade.

Aquí podedes atopar máis información sobre Tabalú.

Leave a Reply