O grupo empresarial galego, Jim Sports, celebrou a pasada semana a presentación mundial da súa aposta polo pádel para o vindeiro 2024. Durante a xornada as persoas asistentes puideron coñecer a colección na que o equipo estivo traballando ao longo destes meses tanto da marca propia da entidade, Softee Padel, así como das marcas que comercializa nestes momentos, todas elas recoñecidas no mercado do pádel: Vibor-A, Enebe e Black Crown. Esta última incorporouse recientemente á carteria de marcas do grupo co fin de ofrecer unha ampla variedade de produtos de pádel e seguir gañando presenza en dito mercado.
O evento contou coa presenza de distribuidores das marcas de 4 continentes diferentes e tamén dos e das xogadoras profesionais asociados á marca; entre eles Aday Santana, Chico Gomes, Xisco Gil, Pedro Vera, Kiko González, Boris Castro, Nicole Traviesa, Alicia Blanco, Isa Domínguez ou Alicia Seijas.
Desta forma o grupo aposta polas presentaciones in situ, personalizadas e nas que o cliente pode testar o producto e, amais, gozar dunha xornada divertida que combina deporte, música e gastronomía.