Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar está a organizar unha serie de obradoiros destinados á mellora da dixitalización do sector deportivo dentro do programa de obradoiros e axudas á dixitalización Industria 4.0. do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Ao longo deste programa realizaranse 2 ciclos de obradoiros, nos que se presentarán diferentes temáticas baseadas nos ámbitos tecnolóxicos con aplicación ao sector deportivo.

Informámoslle sobre o primeiro ciclo, co título «Big Data na Industria do Deporte: datos para compartir e competir», que terá lugar o vindeiro mes de abril e ao que poderá asistir unha ou mais persoas da empresa.

Inclúese a continuación información clave dos obradoiros que contempla o mencionado ciclo, a cal se complementa coa documentación adxunta:

 

Obradoiro 1. «Análise de Big Data», centrarase nas técnicas e plataformas de recollida e análise de datos para a toma de decisións estratéxicas.

Data e hora: 11 de abril ás 18:00h

Lugar: ONLINE

 

Obradoiro 2. «Sistemas de escoita activa aplicados a usuarios e provedores», tratará o sistema de escoita activa e as técnicas de análise dos resultados obtidos para identificar as necesidades, opinións e imaxe que teñen as persoas usuarias sobre a empresa.

Data e hora: 18 de abril ás 10:00h

Lugar: Jim Sports, Palas de Rei (Polígono Industrial Palas de Rei, S/N, 27200 Palas de Rei, Lugo).

 

Obradoiro 3. «Creación dun panel propio», abordará os beneficios dos paneis propios para empresas do sector deportivo e os pasos para a súa creación. Este obradoiro terá lugar a continuación do anterior despois dunha pausa café.

Data e hora: 18 de abril ás 12:30h

Lugar: Jim Sports, Palas de Rei (Polígono Industrial Palas de Rei, S/N, 27200 Palas de Rei, Lugo).

 

Para inscribirse neste primeiro ciclo de obradoiros, faga clic AQUÍ.

PROGRAMACIÓN

Leave a Reply