Onte tivo lugar a última reunión do grupo de traballo do Obradoiro de dixitalización de Ecosistemas Saudables, unha iniciativa impulsada polo Clúster da Industria do deporte e o benestar de Galicia que estivo subvencionada polo Igape.
Neste grupo de traballo participaron tanto entidades asociadas ao Clúster, como BeOne, DOS Deporte, The Well-Being Lab, 10mets e Instituto Médico Arriaza; como outras de relevancia para o sector, como EcoSport Clinical, o Clúster TIC e o Clúster Saúde Galicia. Tamén formaron parte do grupo as asociacións de pacientes Asociación Española contra o Cancro e Bolboretas Coruña.
Na xornada de onte contouse coa presenza de Norberto Penedo Rey, Director da Área de Competitividade do Igape, e de Carlos Sánchez Vecino, Xefe do departamento de servizos de GAIN, que puideron coñecer en primaira man os avances feitos polo grupo de traballo no desenvolvemento dunha proposta de ferramenta dixital que permita mellorar a adherencia ao exercicio físico de persoas con patoloxías crónicas.
Desde o Clúster queremos agradecer a todas as entidades participantes a súa completa implicación neste proxecto, e ao Igape polo apoio e a confianza depositada no Clúster como motor para a implantación da innovación na industria galega do deporte.