Este xoves 13 de abril tivo lugar unha nova edición deste networking online ideado para visibilizar o traballo dos asociados e crear sinerxías. Nesta edición, puidemos contar coa presenza de Fabián Quesada, xerente da Asociación do Deporte Español, con experto invitado, xunto á participación de oito empresas do Clúster.
A iniciativa impulsada polo Clúster vaise consolidando como dinamizadora do sector fomentando a creación sinerxías e visibilizando o excelente traballo que se está a realizar desde a industria galega do deporte.
Nesta edición de abril estas foron as oito empresas participantes:
– Diesemm (David Suárez)
– LaFuga Cycling (José Fresco)
– Export Players (Adrián Piscu)
– Centro Equilibrium (Óscar Viana)
– Club Hércules Termaria (Sergio Castellanos)
– BeOne Fitness & Sport (Xosé Fernández)
– cinfo Company (Eduardo Díaz)
– SDT Sport (Luis J. Pardiño)
Podedes descargar todas as presentacións aquí.