Skip to main content

Los diez directivos repasaron os fitos acadados desde a creación da entidade e elaboraron unha folla de ruta para seguir dando pasos na consolidación do proxecto

 

A Xunta Directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar reuniuse o pasado venres 30 de setembro co obxectivo de trazar os eixos fundamentais da folla de ruta que marcará o camiño da lexislatura aberta o pasado mes de xuño. Durante a reunión, o presidente José Amado detallou os obxectivos que se debe marcar esta nova directiva para os próximos meses, eixos estratéxicos cos que coincidiu o conjunto de membros, que ven na existencia do Clúster como unha grande oportunidade para que a industria do deporte teña a visibilidade e o peso que lle corresponde.

A entidad, que xa conta con máis de 60 empresas asociadas, naceu en marzo de 2021, xuridad das necesidades que ocasionou a pandemia. Desde entón o crecemento foi progresivo e sostenido e, agora, coa incorporación de 7 novos directivos, o principal obxetivo é consolidarse como agrupación empresarial e aumentar o seu grado de influencia como representante dun sector que actualmente supón máis do 2,5% do PIB de Galicia e que xera máis de 12.000 postos de traballo.

Tras o primeiro ano e medio de actividade, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar conseguiu o recoñecemento por parte do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) como agrupación empresarial innovadora emerxente e xa comezou a crear unha estrutura profesional que traballa da mán do sector.

Coa ampliación da Xunta Directiva, resultante do proceso electoral aberto o pasado mes de xuño, a folla de ruta para o futuro máis inmediato trázase en torno a catro eixos: capacidade de influencia e propositiva; visibilidade e prestixio, xeración de coñecementos e de información.

Na reunión mantida nas instalaciones do INEF da Coruña coincidiuse na importancia de converterse nunha entidade de prestixio que coñeza á perfección as necesidades de cada un dos subsectores que compoñen o sector, traballando nos ámbitos que sexan necesarios para defender os intereses do deporte galego.

Outro dos obxectivos establecidos na reunión é seguir traballando para ampliar o conglomerado de empresas que conforman o Clúster, sabedores da importancia de que canto maior sexa a representatividade, maior será o impacto e peso da entidade. Así, a directiva coincidiu na relevancia de seguir xerando unha actividade interna e externa que lle dote de relevancia tanto dentro do sector como no conxunto da sociedade.

Durante o encontro tamén interviu a xerente do Clúster, Sofía Toro, que repasou os fitos conseguidos no último año, así como fixo un repaso sobre o calendario de actividades realizadas e de eventos programados para os próximos meses.

A nova Xunta Directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar está formada polos seguintes integrantes:

José Amado (Motivos Singulares) – Presidente.

Pedro Iglesias (Salvar, Formar y Socorrer) – Vicepresidente.

Pablo Tenreiro (FCC Aqualia) – Secretario.

Jim Graña (Jim Sports) – Vogal.

Marcos Fernández (Gaia Gestión Deportiva) – Vogal.

Claudio Orjales (Espacios Termolúdicos) – Vogal.

Jacobo López (10 Mets) – Vogal.

Antonio Rodríguez del Corral (Cinfo Contenidos Informativos Personal) – Vogal.

Jose Manuel Regueiro (Run Maniak) – Vogal.

Fran Cortegoso (AQA Vigo Xestión Deportiva) – Vogal.

Leave a Reply