Skip to main content

Sofía Toro, xerente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, e José Amado, membro da Xunta Directiva, reuníronse este martes 15 de marzo con Cristina Capelán, deputada delegada de Deporte e Mocidade da Deputación da Coruña. Neste primeiro encontro Sofía puido presentar os eixos estratéxicos plantexados pola industria do deporte e a folla de ruta marcada polo Plan Estratéxico, xa aprobado polas más de 50 empresas asociadas ao Clúster.

Durante a reunión tamén pudieron tratarse proxectos vencellados as dúas entidades, co fin de comezar a traballar conxuntamente polo ben da industria do deporte coruñés. Tras este primeiro encontro ábrese un campo de traballo entre o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e a Deputación da Coruña, nesta liña, Sofía Toro explicou que «creemos que esta primeira toma de contacto foi moi positiva e desde xa poñémonos a traballar para dar forma concreta de proxectos aos espazos comúns que hoxe identificamos».

REUNIÓN COA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

O martes 14 de marzo Sofía Toro tamén tivo unha proveitosa reunión con Patricia Argerey, directora de GAIN, e Sabela Pardo, directora da área de Programas. Neste encontro o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar tamén puido presentar a súa folla de ruta e escoitar por parte da Axencia Galega de Innovacións os consellos para o bo funcionamento dun Clúster, entidades con moita incidencia no futuro económico de Galicia.

Leave a Reply