Skip to main content

O Observatorio Galego do Deporte publica un novo informe, neste caso sobre a situación actual do deporte nos concellos galegos, desde a óptica da xestión deportiva. Este estudo, realizado en colaboración coa Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), xurde da publicación “Estudio sobre la situación actual del deporte municipal en los ayuntamientos de la Comunidad Valenciana” realizada pola Asociación de Gestores Deportivos Profesionales de la Comunidad Valenciana (GEPACV), en colaboración coa Federación Valenciana de Municipios y Provincias (FVMP).

Entre as conclusións deste informe destacan que a maior parte dos cargos de persoal deportivo municipal están ocupados por homes; que aínda existen moitos municipios que non contan con persoal deportivo (sobre todo na provincia de Ourense) ou que máis do 80% dos municipios participantes non contan cun Plan Estratéxico en materia deportiva.

DESCARGA