O pasado xoves 13 de xullo tivo lugar a cuarta edición de #Actívate, un networking online ideado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar para visibilizar o traballo das empresas e entidades asociadas e que tamén naceu co obxectivo de crear unha contorna idónea para a xeración de sinerxías.
Nesta ocasión, a experta invitada foi Ana Botas, xerente de Viratec, un clúster referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais a nivel local, nacional e internacional.
A iniciativa impulsada polo Clúster xa consolidando como dinamizadora do sector contou coa asistencia dunha veintena de participantes que escoitaron as intervencións das seis empresas e entidades que presentaron a súa actividade:
Coa celebración desta cuarta edición de #Actívate, o evento mensual vaise de vacacións ata o mes de setembro, cando se retomará a actividade dunha iniciativa que segue a coseitar éxito.