O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, coa colaboración de HubIn e Galicia Sportech vai organizar o vindeiro 3 de xullo (11.00h) un webinar para coñecer en detalle os beneficios dos programas INLab.
Acelera a túa Peme: programa de innovación que ten por obxectivo transformar dixitalmente e acelerar e o crecemento das empresas. A través deste programa a empresa poderá ser analizad por expertos na materia cos que buscar solucións e modelos exitosos aplicables a cada empresa. Posibilidade de acceder a 50 horas de consultoría gratuita. PROGRAMACIÓN
Acelera a túa Startup: programa ideado para calquera startup do mundo do deporte cun máximo de 5 anos de vida. O obxectivo é impulsar á empresas, definir a estratexia de financiación e inversión e dotar de visibilidade aos proxectos. Mentorización gratuita. PROGRAMACIÓN
PontevedraLAB: O Concello de Pontevedra, xunto a Galicia Sportech, e coa colaboración de Clúster, vén de definirse como cidade laboratorio do deporte, poñéndose ao servizo do sector empresarial para que testeen os seus produtos. O deporte será o vehículo e a cidade de Pontevedra o conductor, a cidade de Pontevedra, que unha vez máis aposta firmemente polo deporte e se postula como enclave idóneo para a industria e como un atractivo para calquera interesado na materia.
Aquí podedes formalizar a inscrición no evento LINK