Buscamos a 4 persoas para levar a cabo dous proxectos encaixados no Programa INVESTIGO da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Se coñeces a alguén interesado e que cumpla as condición que envíe o seu CV a comunicación@industriadeporte.gal.
Requisitos:
– Idade: Menor de 30 anos.
– Estar inscrito/a como demandante de emprego no servizo público de emprego.
– Non ter sido contratado ao abeiro do programa Investigo de 2022.
– Non ter desempeñado un posto de investigación nos últimos 6 meses no grupo de empresas do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.
Condicións:
– Xornada completa.
– Centro de traballo: Facultade de Ciencias da Actividad Física e o Deporte, Oleiros, A Coruña (posibilidade de teletraballo).
– Tempo: 12 meses.
– Incorporación inmediata.
1.PROXECTO INNOVACIÓN: creación dun modelo de prescripción de exercicio físico para o envellecemento activo con programas para persoas maiores e colectivos con cronocidade.
1.1 Perfil: Técnico/ de innovación
Salario: 23.000 € brutos.
Estudos mínimos: Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
Tarefas:
– Análise de experiencias semellantes.
– Predeseño dos criterios básicos do modelo.
– Tarefas da fase de testeo.
– Identificación de melloras.
– Definición do modelo e dos criterios de desenvolvemento existoso.
Valorarase formación e experiencia no sector do deporte vencellada á saúde, á prescrición de exercicio físico e a inclusión.
1.2 Perfil: Asistente de innovación
Salario: 17.000 € brutos.
Estudos mínimos: Ciclo Formativo de Grao Medio.
Tarefas:
– Apoio nas tarefas de identificación de casos de éxito.
– Organización da fase de testeo.
– Apoio na concreción final do modelo e elaboración de materiais e procedementos para a súa posta en marcha.
Valorarase formación e experiencia no sector do deporte vencellada á saúde, á prescrición de exercicio físico e a inclusión.
2 PROXECTO DE INVESTIGACIÓN: estudo sobre a eficiencia enerxética das instalacións deportivas en Galicia.
2.1 Perfil: Investigador/a
Salario: 23.000 € brutos
Estudos mínimos: Grao ou equivalente en Arquitetura, Enxañería ou Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Tarefas:
– Definición e planificación do proxecto
– Deseño de ferramentas de investigación
– Supervisión do traballo de campo
– Análise estatística e de resultados
– Extracción de conclusión e informe de resultados
Valorarase experiencia en investigación e coñecementos sobre instalacións deportivas.
2.2 Perfil: Técnico/a de traballo de campo
Salario: 17.000 € brutos
Estudos mínimos: Ciclo Formativo de Grao Medio
Tarefas:
– Planificación do traballo de campo
– Contacto e supervisión de participación
– Realización das tarefas de recollida de datos
– Apoio na análise estatística e de resultados
Valorarase experiencia en investigación e coñecementos sobre instalacións deportivas.