Este 2023 é unha data especial para BeOne Serviocio, que cumple 30 anos de actividade, levando o deporte por todos os recunchos de Galicia.
A andaina do Grupo galego comenzou en 1993 grazas a catro estudantes de INEF que decidiron fundar Serviocio e se fixeron coa xestión dunha piscina municipal en Ferrol. Desde ese momento, a expansión de BeOne Serviocio continuou ata a actualidade. Entre ese ano e 2002 conseguiu xestionar, mediante concesión, outros 11 centros, que aumentáronse ata os 28 no ano 2013. Tamén nese 2013 produciuse a entrada de novos inversores ao Grupo.
En 2014 produciuse un dos fitos máis importantes do Grupo, a fundación da marca BeOne, que chegou acompañada da apertura do seu primeiro centro de xestión privada en Granada. En 2017 chega a xestionar 35 centros grazas á adquisición da competidora Aquafit.
Finalmente, en xaneiro de 2022 produciuse a apertura de BeOne Lugo, o seu centro número 21 en Galicia, e gañou a concesión do centro de Errenteria en Euskadi, consolidando así a xestión de 37 centros deportivos en España: 33 xestionados por concesión administrativa e 4 de xestión privada. O proceso de expansión do Grupo continúa, adxudicando recentemente un novo centro en Madrid e, simultáneamente, se están levando a cabo outras operacións que poderían dar os seus froitos pronto.
2023 se presenta como un ano de consolidación para o Grupo, recuperando as cifras de actividade prepandemia. Grazas ao esforzo dos 1.200 profesionais que forman parte do Grupo, conseguíronse recuperar as cifras de socios anteriores a 2020. Para Roberto Ramos, CEO e fundador de BeOne Serviocio, aínda que os datos parecen prometedores, puntualiza: “Estamos en niveles de socios de febreiro de 2020, pero a rentabilidad non é a mesma”. Os altos custos da enerxía fan ser cauto ao Director Xeral. Amais, vaticina cambios transformadores no sector: “Agora temos outro tipo de clientes, más mozos, que demandan un uso diferente das instalacións”.
Vive BeOne, un nuevo programa de experiencias para un año de celebración
Coincidindo con este 30 aniversario, o Grupo presenta «Vive BeOne», un programa de plans e experiencias que se compón de cinco grandes eventos que se celebrarán ao longo do ano. Amais, se farán de forma simultánea nas 37 instalacións.
O obxectivo deste novo programa é ofrecer novas experiencias aos socios e que estes creen relacións de cohesión entre eles. Exercitarse en grupo aumenta o sentimento de pertenenza, fai compartir metas e axuda a superar retos.
Esta iniciativa tamén está encadrada dentro do compromiso de BeOne Serviocio cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), aprobados por la ONU. En concreto, pódese aplicar ao número 1, xa que se realizarán actividades de carácter solidario, e todas elas axudarán a incidir no obxectivo número 3, vencellado á saúde e o benestar.