«Racing Dakart» é un innovador concepto de negocio de circuitos de karting que, con 30 anos de experiencia, xa é un modelo de referencia tanto en Galicia como fóra das nosas fronteiras. Actualmente é unha empresa pionera na implantación de circuitos en centros comerciais, e zonas de ocio. A empresa galega destaca fundamentalmente pola seguridade dos seus circuitos, a espectacular estética e a perfecta integración dentro da comunidade de operadores dos centros comerciais.
Racing Dakart é unha empresa con máis de 30 anos de experiencia que, a pesar de ser xa un referente do seu sector, é unha empresa en continua evolución. Cales son os seguintes pasos que quere dar a empresa?
Actualmente estamos deseñando e promovendo actividades lúdico-deportivas arredor do lago (canoas, minigolf, tirolinas, pontes tibetanos, pasos por corda, canal acuático para Aquakarts eléctricos…). Dichas actividades serán promovidas coa marca «AVENTURA DAKART» e temos a previsión de inaugurar estas instalacións en xuño de 2023.
O deporte é unha ferramenta perfecta para atraer turismo de calidade ao noso territorio e empresas como a vosa consideramos que teñen un papel fundamental. Botades en falta unha apuesta máis firme polo turismo deportivo?
Sen dúbida, o turismo que nos visita cada vez demanda vivencias e experiencias que poidan realizar no destino. Percibimos que está pasando a un segundo plano o hotel e o destino en si mesmo, cada vez son máis importantes as experiencias que poidan realizar. Nós levamos máis de 30 anos intentando ofrecer actividades deportivas para todas as idades. O novo parque multiaventura que temos proxectado ofrecerá numerosas actividades de carácter deportivo, que amais van dirixidas a un público familiar. Queremos implantar un modelo de negocio con precios asequibles (entre 20 e 30 euros) que permitan pasar o día realizando calquera das actividades que ofrecerán as nosas instalacións.
O motor sempre estivo moi ligado a Galicia, con moitos siareiros e siareiras, ¿percibídelo? ¿cómo é a situación actual neste sentido?
Sí, o motor segue nun gran momento. Eu tamén son propietario da «Escudería Moto Club París Dakart», a través da cal realizamos máis de 70 campionatos oficiais. Estes eventos arrastran moito público. Son eventos que non só atraen ao territorio deportistas, senón que tamén traen numeroso público pola expectación que atraen estes campionatos. Sabemos da importancia de organizar probas deportivas oficiais, a nivel autonómico ou puntuables para o Campionato de España de calquera modalidade deportiva.
A industria deportiva en Galicia ten un peso importante a nivel económico, supoñendo máis do 2% do PIB de Galicia e xerando decenas de miles de empregos. Fai falta visibilizar un pouco máis a nosa relevancia?
Pode ser, é certo que sempre se pode facer algo máis e sobre todo axudar aos clubes e escuderías, que son os que ao final fan posible que as probas se leven a cabo.
Por qué creedes que é importante ter un Clúster en Galicia? Por qué decidichedes asociarvos?
Principalmente creemos que a unión fai a forza. Amais as sinerxías entre empresas debe ser un dos factores que fagan de motor dun Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar forte.