Skip to main content

No conglomerado de deportes que conforman o Clúster Galego da Industria do Deporte tamén hai cabida para as federacións deportivas. A primeira en sentir a necesidade de estar presente no Clúster foi a Federación Galega de Piragüismo, que desde a fundación da entidade mostrou a súa firme intención de sumar forzas co conxunto do sector.

Pregunta: A Federación Galega de Piragüismo é un bandera do deporte galego, tanto polos resultados deportivos acadados ano tras ano polos deportistas galegos como pola organización de eventos de gran importancia tanto nacional como internacional. Cómo explicades o éxito?

Son varios os factores que fan que Galicia teña uns magníficos resultados deportivos, éxitos que, por sorte, seguen medrando a día de hoxe. Amais xa non só na modalidade de augas tranquilas. Creo que o primeiro é que en Galicia contamos cunha orografía ideal, grazas ás rías e ríos da nosa terra. Amais, a presenza de moitos núcleos de poboación ao carón de láminas de auga fai que a práctica do noso deporte sexa moi alta, con padexeiro novos que comezan no deporte no período estival coma se fora un xogo. Para min a terceira causa podería ser a existencia do CGTD, cun número importante de prazas para o piragüismo, xa que é unha aposta clara da política deportiva, algo tamén xustificado polas medallas olímpicas acadadas ao longo da historia, varias delas xa antes da existencia de dito centro.

No Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar entendemos que o deporte é unha ferramenta moi valiosa para visibilizar o territorio. Creedes que o piragüismo está servindo para dar a coñecer a Galicia?

Unha das grandes fortalezas dos deportes ao aire libre, como é o caso do piragüismo, é o seu contacto directo co medio ambiente. Poder navegar en zonas de láminas de auga dunha beleza única no mundo, como son as nosa costa, os nosos ríos así, e tamén os nosos pantanos, é un privilexio. Aínda así creemos que queda moito por mellorar para facer accesible a cidadanía esas láminas de auga. Aínda hai percorrido para explotar máis, en matería deportiva, a beleza da nosa contorna.

Na folla de ruta do piragüismo imaxino que seguirá estar dando pasos cara adiante, cales son as perspectivas de crecemento que tedes? Por onde debe ir a Federación Galega de Piragüismo?

Aínda que pareza que moito está feito no eido do piragüismo, nada máis lonxe da realidade. Coido que seguimos tendo un potencial de crecemento e mellora moi amplo. O primeiro sería mellorar as instalacións deportivas que, en moitos casos, no están adaptadas aos requisitos dun deportes que pode aglutinar a competición xunto ao turismo e o deporte saudable, estes últimos abertos a unha poboación máis ampla. Só como pequeno exemplo, as dúas cidades máis grande de Galicia non dispoñen dun só metro cadrado de instalación pública de piragüismo.

A día de hoxe, a inmensa maioría das nosas instalación a inmensa, son tan só un hangar para gardar as piragüas e un vestiario, nada que ver con instalacións como as existentes en Portugal. A día de hoxe España carece da norma NIDE para instalacións náuticas, a pesar de que vela e piragüismo son os deportes con máis medallas olímpicas para o noso país (normas NIDE).

Galicia é a segunda comunidade autónoma con menor porcentaxe de deportistas no rango de idade de entre 15 e 24 anos. Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar temos o obxectivo de aumentar o número de persoas que practican deporte regularmente, nesta franxa de idade e nas demáis. Para unha federación de referencia como a vosa, cales creedes que son os puntos máis importantes onde hai que incidir para conseguir este obxectivo?

Desde o meu punto de vista, creo que un dos motivos máis importantes é a falta de implicación da universidade ou dos institutos coa práctica deportiva ou institutos. Un dos motivos de máis peso para que a mocidade deixe o deporte é a incompatibilidade cos estudos. Tamén reitero que necesitamos mellores instalacións deportivas, tamén nos campus universitarios. Paréceme significativo que os grandes deportistas galegos olímpicos estean na UCAM.

Por qué creedes que é importante para Galicia contar con un Clúster como o noso?

Non só diría que é importante, eu diría que é fundamental. O deporte non só son valores valiosos para a sociedade senón tamén é unha importantísima para xerar riqueza económica nun territorio. O Clúster ten que ser unha entidade que serva para visibilizar a importancia da industria do deporte, pois as veces o que no se visibiza parece que non existe.

E por último, por qué creedes que as federacións deportivas deben involucrarse neste proxecto?

Por unha banda o deporte federado son os deportistas de élite que serven como referentes para a sociedade e por outra, desde as federacións deportivas podemos impulsar a práctica deportiva dunha parte moi importante da nosa poboación.

 

Leave a Reply