O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, xunto á Universidade da Coruña, organizará o Sport Innovation Challenge, un concurso que ten como obxectivo conectar o ámbito universitario co mundo laboral, facilitando que o talento que estase a formar en Galicia poida acceder ao ámbito empresarial que conforma o Clúster.
Como ben é sabido, a innovación no ámbito do deporte marcará a adaptación do sector aos novos tempos, neste sentido, o concurso servirá para que o talento saído do alumnado poida achegar as súas investigacións e/ou ideas ao mundo empresarial.
Esta convocatoria ten por obxecto o recoñecemento dos Traballos de Fin de Grao, Traballos de Fin de Máster e Teses de Doutoramento polo alumnado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa innovación deportiva para resolver os retos aos que o sector necesita dar reposta.
Os 3 retos marcados entre o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e a Universidade da Coruña son:
- Propostas que fomenten a práctica de exercicio nos centros educativos en recreos e horarios sen clase de maneira atractiva, equitativa, segura, sostible e inclusiva.
- Solucións ao adestramento en persoas maiores e/ou persoas con enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT) mediante exercicios grupais.
- Solucións que fomenten a práctica deportiva de mulleres en tódalas idades.
Nas vindeiras semanas pubricaranse as bases do concurso, no que poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Ter presentado e defendido ante tribunal o TFG/TFM ou Tese Doutoral con data anterior ou durante o curso 2021/22 na UDC cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos ou cualificación equivalente.
- O traballo ten que ser inédito (non publicado).
- Ter elaborado un traballo sobre un proxecto de innovación que resolva os anteriores
retos.