Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizará este venres 25 de marzo (12.30h) un Webinar informativo sobre o Kit Dixital, evento gratuíto onde poderán participar tamén empresas de fóra da entidade.

Na xornada participarán dúas empresas do Clúster que recibiron o recoñecemento como axentes dixitalizadores dentro do programa que xestiona AceleraPyme. Concretamente estas empresas son Innplay e eManagym, que intervirán no Webinar explicando as posibilidades destas axudas e os procedementos a levar a cabo para sacar proveito dun programa ideado para a dixitalización das empresas.

O pasado 15 de marzo abriuse o prazo de inscrición para o primeiro segmento de empresas. O Goberno segmentou os negocios que se poden beneficiar do Kit Dixital en tres grupos distintos:

  • Segmento I: Pequenas empresas, de 10 a 49 persoas empregadas, cun importe do bono dixital por empresa de 12.000€.
  • Segmento II: Pequenas empresas ou microempresas, de 3 a 9 persoas empregadas, cun importe do bono dixital por empresa de 6.000€.
  • Segmento III: Pequenas empresas ou microempresas e autónomos (persoas en situación de autoemprego), de 1 a 2 persoas empregadas, cun importe do bono dixital de 2.000€.

O Kit dixital ten unha dotación de 3.067 millóns de euros, procedentes dos fondos Next Generation da Unión Europea. Estss axudas enmarcánse na axenda España Dixital 2025 e constará de diferentes convocatorias que se dirixirán aos diferentes segmentos de pymes e autónomos.

INSCRICIÓN AQUÍ

Leave a Reply