Skip to main content

PLAN 2M

2 MILLÓNS

DE PERSOAS

ACTIVAS

EN GALICIA

Un plan para facer de Galicia
un referente da actividade física,
a saúde e a calidade de vida.

QUE É O PLAN 2M?

Queremos converter a Galicia nun referente da actividade física, mellorando a saúde, a economía e a calidade de vida de toda a poboación. Porque Galicia ten potencial para liderar este movemento.

E porque xuntos podemos conseguir activar a 700.000 galegos e galegas máis.

O IMPACTO DO PLAN 2M

SOCIEDADE SAUDABLE E AFORRO SANITARIO

O nivel de práctica deportiva leva emparellada unha  sociedade máis sá, repercutindo así de xeito relevante no aforro sanitario e na calidade de vida e autonomía da poboación.

DEPORTE COMO MOTOR DE DESENVOLVEMENTO

O nivel de práctica deportiva é un dos mellores indicadores de sociedades desenvolvidas, ao levar implícito  melloras en educación, infraestruturas, valores e en tecido social e asociativo.

XERACIÓN DE POSTOS DE
EMPREGO

A incorporación de 700.000 persoas á actividade física ten a capacidade de xerar un volume de negocio de 140 millóns de euros ao ano, e de crear 2.000 novos postos de traballo no sector.

COMO PODES SUMARTE?

01

Activa a túa contorna

Fala do plan e anima a outras persoas a incorporar a actividade física no seu día a día.

02

Propaga a
mensaxe

Difunde os beneficios da actividade física e axúdanos a chegar a máis persoas.

03

Únete ao movemento

Súmate ao Manifesto 2M e axúdanos a construír unha Galicia máis activa, saudable e cohesionada.

GALICIA MÓVESE CANDO NOS MOVEMOS

Coñece o compromiso colectivo detrás do Plan 2M.