O pasado martes 28 de abril levamos a cabo a terceira e última sesión do obradoiro dedicado ao deseño da proba piloto da Receta Deportiva, unha iniciativa estratéxica impulsada polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e que conta co financiamento do IGAPE.
Tras semanas de traballo colaborativo entre profesionais do sector, concluímos esta fase de deseño co obxectivo de deseñar un modelo eficiente que permita derivar pacientes dende os centros de saúde cara ao recursos deportivos especializados en actividade física para a saúde. Esta ferramenta busca converter o deporte nun recurso sanitario de primeiro nivel, integrado plenamente nas políticas de saúde pública galegas.
Próxima parada: O Foro da Receta Deportiva
O traballo non remata aquí. Todo o coñecemento e as estratexias definidas durante estas tres sesións verán a luz o vindeiro mes de xuño, mes no que organizaremos o Foro da Receita Deportiva. Neste evento expoñeremos as conclusións finais do obradoiro e definiremos os seguintes pasos para que a receta deportiva sexa pronto unha realidade en Galicia.

