Skip to main content

Co obxectivo de facilitar o acceso das entidades asociadas a fontes de financiamento público, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar pon en marcha un novo servizo de acompañamento para a solicitude de axudas. Este servizo está pensado para ofrecer un apoio especializado, realista e eficiente, adaptado ás necesidades de cada entidade.

🛠️ En que consiste o servizo?

  • Análise previa da convocatoria: O Clúster estudará cada axuda e valorará a súa viabilidade antes de aceptar o encargo. Só se asumirán aqueles proxectos que encaixen cos criterios e obxectivos da subvención.
  • Atención por orde de chegada: A revisión das solicitudes farase segundo a orde na que se reciban por correo electrónico.
  • Servizo exclusivo para entidades asociadas.

💰 Condicións económicas

O servizo funciona a éxito, é dicir, só se cobran honorarios no caso de obter a subvención:

  • 7% do importe concedido se o Clúster só realiza a tramitación da solicitude.
  • 10% se, ademais, o Clúster colabora na fase de xustificación.

📄 Compromisos da entidade solicitante

  • Deberá achegar toda a documentación necesaria para elaborar memorias, formularios ou outros anexos requiridos.
  • Os trámites que requiran certificado dixital deberán ser realizados pola entidade, co acompañamento do Clúster se é necesario.

📅 Vixencia

Estas condicións estarán en vigor ata o 31 de decembro de 2025.

Se es entidade asociada e estás interesado/a en presentar unha solicitude, ponte en contacto connosco canto antes. O número de encargos que podemos asumir é limitado. Podedes comunicarvos con xerencia@industriadeporte.gal