Skip to main content

Desde o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar poñemos en marcha coa colaboración da Deputación da Coruña un obradoiro para fomentar a actividade física en persoas con risco de exclusión.

Esta formación consta de diversos obradoiros dirixidos a promocionar a actividade física e o deporte en poboación en risco de exclusión social, que habitualmente ten maiores dificultades para o acceso á oferta deportiva existente. A formación está dirixida aos persoal técnico deportivo responsable de actividades xa implementadas nos concellos da provincia da Coruña, que busquen mellorar a súa oferta deportiva e ampliar o seu público deportivo. A formación ten un máximo de 40 prazas.

Os obxectivos desta formación son:

  • Aumentar o número de persoas que practican actividade física na provincia da Coruña.
  • Garantir o acceso e a participación de persoas en risco de exclusión social no deporte da provincia.

A formación ten unha duración de 8 horas, divididas en 4 bloques de 2 horas cada un, que se impartirán de xeito online. Cada bloque dirixirase a un colectivo específico e contará cunha parte teórica sobre procesos de captación e fomento da actividade física, e con outra máis práctica sobre presentación de casos de éxito implementados. 

Podedes formalizar a vosa inscrición aquí.