Este mércores 13 de maio o Clúster organiza xunto a AGEINCO un foro sobre sustentabilidade en instalacións deportivas. Este evento, que conta co apoio do Igape, terá lugar na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo) a partir das 11.15h.
Durante o evento presentaremos as conclusión do informe: Libro Branco da Eficiencia Enerxética en Centros Deportivos, un traballo conxunto entre ambas entidades. Durante o evento, a Xunta de Galicia tamén presentará o seu proxecto de Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia (RIDEGA).
Por último, tralas presentacións levaremos a cabo una mesa redonda na que participarán Julio Calderón (Calderón & Asociados Turf Managers), Carlos Cao (RC Celta) e Jesús Irisarri (Celta 360).

