O Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia organiza no marco do Plan 2 Millóns a terceira edición dos Obradoiros 2M, unha formación gratuíta dirixida a persoal técnico deportivo de entidades deportivas, sociais e administracións públicas, que conta coa subvención da Deputación da Coruña.
O obxectivo destes obradoiros é ofrecer ferramentas e recursos para fomentar a actividade física e o deporte entre colectivos vulnerables, mellorando a súa captación, participación e inclusión nas actividades físico-deportivas.
A formación desenvolverase de xeito online e ten unha duración de 8 horas repartidas en 4 bloques de 2 horas, cada un deles enfocado nun colectivo en concreto (persoas migrantes, persoas maiores, persoas con patoloxías crónicas e persoas con discapacidade).
📅 Datas, horario e formato
- Martes 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro
- De 17.30 a 19.30
- Modalidede online a través de Google Meet
👉 Inscrición e prazas
LINK INSCRICIÓN: https://forms.gle/afY4Ki8Nd6dM2Ngc9
O prazo de inscrición pecha o venres, 23 de outubro, ou cando se completen as 40 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición.

