Skip to main content

MANIFESTO 2M

GALICIA

MÓVESE

CANDO NOS

MOVEMOS

Este é o compromiso colectivo
para construír unha Galicia activa,
saudable, máis cohesionada
e con máis futuro.

CREMOS QUE

01

A actividade física
transforma vidas.

Mellora a saúde física e mental, prevén enfermidades e aumenta a calidade de vida en todas as idades.

02

A educación
é o punto de partida.

Interiorizar hábitos activos desde idades temperás constrúe un futuro mellor para toda a socidade.

03

O cambio constrúese
en comunidade.

A colaboración entre persoas, entidades e institucións multiplica o impacto de cada acción.

04

A actividade física
é un dereito.

Todas as persoas, en todas as etapas da vida, teñen dereito a moverse, sen barreiras e en igualdade.

05

Galicia pode
liderar este cambio.

Co compromiso de todos os sectores e con colaboración público-privada, podemos construír unha Galicia máis activa,  máis saudable e máis viva.

O NOSO COMPROMISO

PROMOVER

Promoveremos hábitos activos e o acceso
a oportunidades para toda a cidadanía.

COLABORAR

Colaboraremos entre institucións, empresas,  entidades e persoas para sumar e multiplicar esforzos.

FACILITAR

Facilitaremos espazos, recursos e programas que  fagan do movemento unha opción fácil e atractiva.

INSPIRAR

Inspiraremos co exemplo e comunicaremos os beneficios dunha vida activa.

CONSTRUÍR

Construiremos, entre todos e todas, unha Galicia máis saudable, inclusiva e sostible.

O MOVEMENTO
EMPEZA POR TI

Súmate ao Manifesto 2M e axúdanos a chegar a 2 millóns de persoas activas en Galicia.