O Observatorio Galego do Deporte publica o seu undécimo informe, neste caso recolle unha síntese das accións, actividades e resultados do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar durante o ano 2025. O documento ten como obxectivo ofrecer unha visión estruturada da actividade desenvolvida pola entidade, así como do seu impacto no ecosistema deportivo galego.
O informe organiza a información en torno ás principais liñas de actuación do Clúster, incorporando unha descrición das accións desenvolvidas, un conxunto de indicadores cuantitativos de actividade, unha análise do impacto cualitativo das actuacións e os resultados da enquisa de percepción e valoración da masa social.

