Skip to main content

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá a presentación oficial do maior reto de saúde e actividade física da historia de Galicia.

Chegou o momento de poñer a Galicia en movemento. Dende o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar, xunto coa Xunta de Galicia, temos o pracer de anunciar a data de presentación oficial do noso proxecto máis ambicioso: o Plan 2 Millóns.

O noso obxectivo é claro e irrenunciable: bater ao sedentarismo, activar a 700.000 persoas e lograr que dous millóns de galegos e galegas aposten por unha vida máis activa e saudable. Porque non se trata só de vivir máis anos, trátase de vivilos mellor.

Para dar o pistoletazo de saída a este compromiso de país, queremos reunir a empresas, administracións, axentes sociais e a toda a comunidade nun evento de presentación único, onde debullaremos as claves, as fases e os programas que compoñen esta folla de ruta.

Toma nota das coordenadas:

  • 📅 Data: 7 de outubro
  • ⏰ Hora: 19.30h
  • 📍 Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Próximamente publicaremos o programa detallado do acto. Mentres tanto, vai gardando a data na túa axenda.

O movemento xa comezou e queremos contar contigo.

Inscricións aquí