Skip to main content

O xoves pasado tivo lugar a última reunión do grupo de traballo do Obradoiro de dixitalización de Rutas saudables, un proxecto liderado polo Clúster da Industria do deporte e o benestar e financiado polo Igape.

Neste obradoiro buscouse elaborar unha proposta de ferramenta dixital para mellorar a experiencia e a adherencia das persoas que practican deporte en contornas urbanas e naturais, centrándose principalmente na necesidade de xerar comunidade e impulsar a práctica deportiva das persoas sedentarias e/ou inactivas, aprovaitando rutas accesibles como medio condutor.

O grupo de traballo estivo formado polas empresas asociadas ao Clúster Compostela Golf Pitch & Putt, Expourense, Sailway, Salud y Movimiento, TricTrack e NOKAO. Ademais, tamén participaron como entidades de relevancia no sector a AECC Pontevedra, o Concello de Pontevedra, o Clúster Turismo Galicia e o Clúster TIC Galicia.