Skip to main content

O Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar vén de convocar a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o mércores 2 de abril de 2025 ao abeiro do V Galicia Sportech Congress (13.15h en primeira convocatoria e 13.45h en segunda convocatoria). O lugar de celebración da mesma será no Salón de actos (1ª planta) da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

A orde de día será a seguinte:

  1. Lectura e, se procede, aprobación da acta da asemblea ordinaria anterior.
  2. Informe do Presidente e presentación da Memoria anual 2024.
  3. Presentación e, no seu caso, aprobación do balance económico do exercicio 2024.
  4. Presentación e, no seu caso, aprobación do orzamento para o exercicio 2025.
  5. Presentación e, no seu caso, aprobación das cotas anuais de 2026.
  6. Presentación e, no seu caso, aprobación do Plan de actividades 2025.
  7. Autorización ao Presidente da entidade a realizar as xestións para a solicitude e obtención, no seu caso, de subvencións e/ou préstamos durante 2025.
  8. Ratificación da vacante á Presidencia da Xunta Directiva.
  9. Presentación e, no seu caso, aprobación de asuntos varios.
  10. Rogos e preguntas.

Para o mesmo día e a continuación da Asemblea Ordinaria, convócase tamén unha Asemblea Xeral Extraordinaria para a presentación e, no seu caso, aprobación da reforma dos Estatutos.