Desde o Clúster informamos que convocamos para o vindeiro mércores 18 de marzo a Asemblea Xeral Ordinaria (09:30h en primeira convocatoria e 10:00h en segunda convocatoria).
A Asemblea tera lugar de xeito online a través de Google Meet coa seguinte orde do día:
- Lectura e, se procede, aprobación da acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2025.
- Informe do Presidente e presentación da Memoria anual 2025.
- Presentación e, no seu caso, aprobación do balance económico do exercicio 2025.
- Presentación e, no seu caso, aprobación do orzamento para o exercicio 2026.
- Presentación e, no seu caso, aprobación das cotas anuais de 2027.
- Presentación e, no seu caso, aprobación do Plan de actividades 2026.
- Autorización ao Presidente da entidade a realizar as xestións para a solicitude e obtención, no seu caso, de subvencións e/ou préstamos durante 2026.
- Ratificación da substitución de cargos na Xunta Directiva.
- Presentación e, no seu caso, aprobación de asuntos varios.
- Rogos e preguntas.
Descargar orde do día aquí

