O pasado 27 de xuño, a nova Xunta Directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar foi ratificada pola Asemblea Xeral e así queda configurada:
Pedro Iglesias – Presidente
Francisco Cortegoso – Vicepresidente primeiro
Roberto Ramos – Vicepresidente segundo
Pablo Tenreiro – Secretario e Tesoureiro
Marcos Fernández – Vogal
Claudio Orjales – Vogal
Jose Amado – Vogal
Antonio Rodriguez Del Corral – Vogal
Borja Ropero – Vogal
Fernando Timiraos – Vogal
Jim Graña – Vogal.
Un equipo que mantén unha liña continuista, coa firme vontade de consolidar os proxectos estratéxicos iniciados nos últimos meses e seguir traballando por unha Galicia máis activa, innovadora e saudable.
A nova Xunta xa celebrou a súa primeira reunión de traballo nas instalacións de Jim Sports, onde se trazou a folla de ruta para os próximos meses e se fixo balance das iniciativas impulsadas recentemente.
Como é habitual no Clúster, combinamos estratexia e movemento: nesta ocasión percorremos un tramo do Camiño de Santiago, promovendo tamén a actividade física como parte da nosa cultura organizativa.

