O pasado venres enviamoss unha carta formal ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitando a modificación dos Decreto 32/2012 e 1/2015 para incorporar a representación da industria do deporte.
O noso obxectivo é que o Clúster teña unha vogalía propia nos órganos de decisión sobre a auga (Consello Reitor de Augas de Galicia e Consello para o Uso Sostible da Auga). Consideramos vital que a industria do deporte estea presente onde se toman as decisións sobre un recurso clave para moitas das nosas actividades, instalacións e eventos.
Por que é vital esta presenza? O deporte non é alleo á xestión da auga; é un usuario intensivo e responsable. Non queremos ser só espectadores das decisións que afectan á nosa actividade, queremos aportar a nosa visión para garantir un uso sostible, compatible e xerador de riqueza deste recurso vital.

