Skip to main content

A Cidade da Cultura foi o escenario da presentación oficial da BF Sport, a aceleradora do deporte galego, nun acto ao que asistiron máis de 70 persoas e no que participaron apoiando ao proxecto a conselleira de Economía e Industria , María Jesús Lorenzana, e a directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca.

A apertura correu a cargo do presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Pedro Iglesias, e a propia Covadonga Toca. Ambos destacaron a importancia da aceleradora como un “espazo de colaboración público-privada para que o deporte forme parte da economía”. Amais deles, no acto, que tamén foi a presentación institucional da Business Factory Sport, asistiron as máis de 20 empresas tractoras que están impulsando o proxecto, entre as que se atopan o RC Celta, Deportivo de la Coruña, Hijos de Rivera, Abanca, BeOne, Jim Sports o Máis Que Auga.

Posteriormente tivo lugar a Startup Day, a gran final da primeira convocatoria de aceleración na que participaron 12 startups, de entre as 37 que se presentaron, competiron para optar a 6 prazas no programa de aceleración da Business Factory Sport, a aceleradora do deporte de Galicia.

Ramrage, eDynamics, MyTrainingsPal, Artio, Xalut Sport, Ennutro, Sport-IA, Decatechnologies, Vizi, Proteckthor, PluggableAI e 10mets foron as participantes, oito das cales son galegas, concretamente dúas de Vigo, dúas da Coruña, e unha de Marín, Cangas, Ourense e Lalín; e outras catro de fóra de Galicia, de Madrid, Cádiz e dúas de Braga.

A nova aceleradora galega do deporte dará o pistoletazo de saída ao primeiro programa o vindeiro lunes e extenderase ata finais de decembro e “non só busca madurar e acompañar ás startups participantes, senón facilitarles que poidan traballar coas empresas tractoras e outras entidades colaboradoras nun entorno real, de xeito que se convirtan nos primeiros clientes, en validadores e aceleradores do seu proxecto de negocio”, en palabras da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, quen clausurou o acto.