A industria do deporte e o benestar en Galicia está a vivir un momento de crecemento e transformación, no que as tecnoloxías sportech están a xogar un papel fundamental para modernizar e impulsar as entidades e empresas do sector. Co obxectivo de dar resposta a estas necesidades, ponse en marcha a Aceleradora da Industria do Deporte, un proxecto que busca consolidar o ecosistema deportivo galego a través da innovación e a tecnoloxía.
Este luns 3 de febreiro, Pedro Iglesias, Sofía Toro e Jose Amado, en representación do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar asistiron ao IGAPE a unha reunión de traballo con Covadonga Toca na que se confirmou a creación deste proxecto. Amais, no encontro avanzaronse en diferentes plans de traballo conxuntos que serán de grande beneficio para a industria galega do deporte.
Obxectivos da Aceleradora
A aceleradora nace coa misión de reforzar a competitividade da industria do deporte en Galicia, poñendo o foco nos seguintes puntos clave:
✔ Transformación dixital: apoio ás entidades deportivas para adaptarse ás novas tendencias do sector.
✔ Viabilidade e sustentabilidade financeira: validación de modelos de negocio innovadores que garantan a estabilidade económica.
✔ Creación dun ecosistema colaborativo: integración de entidades deportivas, administracións e empresas relacionadas co deporte.
✔ Galicia como referente internacional: impulso a startups sportech e consolidación da comunidade Galicia Sportech.
✔ Atracción de investimento: xeración dun mercado atractivo para startups e empresas tecnolóxicas.
Motivacións para a súa creación
O proxecto nace tras unha análise do sector na que se identificaron varias necesidades clave:
Transformación dixital: fomentar a adaptación tecnolóxica e o desenvolvemento de novos modelos de negocio.
Xeración de industria e ecosistema: aumentar a competitividade e fomentar a práctica deportiva en Galicia.
Atracción de empresas sportech: aproveitar as oportunidades dun sector en crecemento para captar talento e investimento.
Posicionamento de Galicia: fortalecer Galicia Sportech e consolidar a súa proxección nacional e internacional.
Desde 2020, Galicia xa é un referente nacional no ámbito sportech grazas a iniciativas como o Galicia Sportech Congress, que se converteu nun evento de referencia internacional. Con esta aceleradora, damos un paso máis na modernización da industria do deporte e reforzamos o papel de Galicia como un polo de innovación e desenvolvemento tecnolóxico no sector.
👉 O futuro do deporte galego pasa pola innovación!