Skip to main content

O pasado xoves semana levamos a cabo a terceira e última sesión do Obradoiro de Dixitalización «Deseño dunha proba piloto do Plan 2 Millóns». Esta actividade, financiada polo IGAPE, está a servir para darlle forma a ese proxecto test que comece a convertir poboación sedentaria en activa, un dos grandes retos de Galicia nos próximos anos.

Como conclusión das actividades cooperativas entre as entidades asociadas estableceuse que a proba piloto será comunitaria, sinxela, visible e medible, cunha activación inicial potente e un seguimento posterior para comprobar adherencia. O foco estará posto nas persoas adultas con baixa práctica/inactivas, aínda que sen renunciar á forza a idea de incorporar persoas activas como perfís tractores, non como público principal.

Sofía Toro, xerente do Clúster, sinalou tras a reunión que «o grupo está a empurrar cara a un piloto con protagonismo do entorno local, actividades accesibles e unha capa dixital útil e non complexa».

Os resultados deste obradoiro se presentarán en detalle no Foro 2M, evento que será organizado polo Clúster baixo o financiamento do IGAPE. Este evento terá lugar á volta do verán.

Neste obradoiro de dixitalización organizado polo Clúster participaron: IMPAC Fitness, Máis que Auga, Jim Sports, Local Sports Center Management, La Fuga, Concello Palas de Rei, Asociación Deportiva Cerne, Fundación ENKI, Cluster TIC Galicia, Fundación Dignidade, COLEF Galicia e Atendo.