Skip to main content

Durante a segunda quince de setembro, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar organizará dous webinars informativos sobre os Fondos Next Generation. Ambas actividades, organizadas conxuntamente xunto á Secretaría Xeral para o Deporte, servirán para poñer foco nunha serie de programas que xa están aprobados desde o goberno central e que terá como beneficiario á industria do deporte.

PRESCRICIÓN EXERCICIO FÍSICO

O primeiro terá lugar o vindeiro venres 23 de setembro, ás 09.30h, e terá por título «Fondos Next Generation: Prescrición de Exercicio Físico».

O pasado 18 de xullo de 2022 saíu publicado no Boletín Oficial do Estado o Acordo da Conferencia Sectorial de Deporte, de 9 de maio de 2022, relativo á distribución territorial e criterios de reparto do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia.

A Conferencia Sectorial do Deporte aprobou no marco do Compoñente 26Fomento do Sector Deporte” un orzamento para o exercicio 2022 de 26.000.000 € para o “Plan de Modernización das Instalacións Deportivas” e 9.000.000 € para o “Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física”.

Dentro do Plan de Dixitalización da Prescrición da Actividade Física a Galicia lle corresponden 442.349,36 € para investir en:

  • Dispoñer dun sistema/ferramenta dixital que de soporte ao plan de prescrición de exercicio desde os centros de saúde.
  • Dispoñer de cursos de formación específicos en programas de actividade física e Saúde para os colectivos médicos e educadores físicos. Cunha base de desenvolvemento dixital.
  • Crear estruturas deportivo/comunitarias locais «Unidades Activas de Exercicio Físico» ou unidades equivalentes.

Inscrición ao webinar aquí 

IGUALDADE E INCLUSIÓN NO DEPORTE

O segundo dos webinars terá lugar o martes 27 de setembro, tamén ás 09.30h, e nesta ocasión falarase dos fondos que se destinarán a promover a igualdade de xénero e a inclusión no deporte.

En relación ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Galicia vai recibir entre 2022 e 2023 un total de 1.133.772,41 € para investir en programas de igualdade e inclusión. Concretamente destinaranse a promoción, formación e sensibilización.

Durante este webinar detallarase como vai distribuir estes fondos a Xunta de Galicia.

Inscrición ao webinar aquí 

Edu

Leave a Reply