Skip to main content

Tan só 6 empresas serán seleccionadas para cursar o programa da Business Factory Sport impulsado polo IGAPE dun total de 41 proxectos presentados á convocatoria

Pontevedra, 8 de abril de 2026. A Business Factory Sport, a aceleradora do deporte de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia e o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia, realizou hoxe na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra o Startup Day de Aceleración, unha presentación de proxectos innovadores para a industria galega do deporte.

15 proxectos de 41 que se presentaron a esta convocatoria acadaron a “gran final” do Startup Day para competir por unha praza dentro da aceleradora do deporte de Galicia: Quko Tech, Nsilica, Sport-IA, Drop It, G.Workout, OPTIMUM GRADE RESPONSE, GKTrainer, Mindara Sport Science, Anzara Labs, Nutrenaissance, RondoAI, SoccerSolver, Tribo Solutions, VORTAL XR e Probillairbot.

O Comité Executivo, conformado polo IGAPE e o Clúster, decidirá nos vindeiros días que proxectos entran no programa de aceleración, que se celebrará entre o 20 de abril e o 20 de agosto, nun formato híbrido. As seleccionadas recibirán unha subvención a fondo perdido por parte do IGAPE de 25.000€ para desenvolver as súas solucións para abordar os diferentes retos e desafíos planteados.

Ao evento asistiron persoas, empresas e institucións vinculadas ao mundo da innovación e o deporte, ademais de alumnado da propia facultade.

STARTUPS PARTICIPANTES

  • RondoAI (Valencia): Plataforma de IA que converte datos de fans en decisións comerciais accionables para aumentar ingresos e fidelización de clubs.
  • Soccer Solver (Canarias): Software con IA que optimiza decisións financeiras e de xestión de xogadores para que os clubs obteñan maiores beneficios no mercado de fichaxes.
  • SPORT-IA (Marín): App de IA que analiza en tempo real a técnica e biomecánica do usuario, ofrecendo correccións instantáneas para optimizar o rendemento e previr lesións.
  • Quko (Cangas): Ecosistema de hardware, software e cloud que monitoriza en tempo real piragüismo e remo para adestramentos obxectivos e optimizados.
  • Drop It (Tarragona): App que adapta o adestramento ao ciclo menstrual feminino, optimizando rendemento, seguridade e comprensión corporal.
  • Nsilica (Vigo): Sistema de análise de movemento con sensores inerciais que ofrece métricas obxectivas de técnica e rendemento en contornas reais.
  • OPTIMUM GRADE RESPONSE SL (Cantabria): Plataforma tecnolóxica que mide, analiza e certifica o rendemento técnico en fútbol en tempo real, combinando app, dispositivos intelixentes e metodoloxía propia para mellorar a técnica.
  • Tribo Solutions – Nadus (Oleiros): Plataforma integral que centraliza a xestión de escolas de natación, automatizando procesos académicos, administrativos e comunicativos.
  • Nutrenaissance (San Sebastián): Plataforma de nutrición personalizada que adapta dieta e recuperación ao perfil biolóxico e contexto de cada deportista.
  • Anzara Labs SL (Tui): Protocolo de recuperación fisiolóxica para mulleres de máis de 35 anos, integrando suplementación e hábitos diarios baseados en evidencia clínica.
  • VORTAL XR SL (Ourense): Plataforma meteorolóxica local en tempo real que mellora a seguridade e planificación de actividades deportivas en Galicia.
  • G.Workout (A Coruña): Plataforma que centraliza programación, seguimento e prevención de lesións, mellorando a retención e eficiencia de adestradores e centros.
  • GKTrainer (Madrid): App e panel de adestramento para porteiros que personaliza rutinas, controla carga e facilita o scouting profesional desde categorías inferiores.
  • Mindara Sport Science (Pontevedra/Estremadura): Plataforma que mide e optimiza a carga mental dos deportistas para mellorar o rendemento físico e cognitivo.
  • Probillairbot S.L. (Chapela): Sistema patentado de billar remoto que permite xogar partidas entre usuarios situados en diferentes países mediante app e máquina automatizada.